Entra na recta final o prazo para inscribirnos na XXIV Subida ao Castro Barbudo

01 Setembro 2025

O prazo de inscrición para a XXIV Subida ao Castro Barbudo 2025 entrou na súa recta final. As persoas interesadas en participar nesta importante proba deportiva rianxeira teñen até este o xoves, 4 de setembro de 2025, ás 23:59h, para facelo a través da web Emesports.

A cita será o domingo 7 de setembro e haberá dúas modalidades: BTT para quen goza sobre dúas rodas (XXIV edición) e andaina (VI edición) para quen prefire camiñar e respirar monte.

O número máximo de inscricións para cada proba é de 110.

Organizan a Peña Cicloturista Castro Barbudo, coa colaboración do Concello de Rianxo. Tanto a Subida como a Andaina celebraranse o domingo 7 de setembro con saída de Campo de Pasos–Taragoña e chegada o Campo Maneiro. Arrincarán ás 09 horas. A ruta encádrase como proba de Cicloturismo-BTT/Andaina, e é un “exercicio físico con fin lúdico, turístico e cultural, o que exclúe expresamente a competición”, sinalan dende a organización.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.