En Rianxo hai prazas dispoñíbeis para subir ao teatro do CDG e asistir en Santiago ao espectáculo “A serie Clopen”

22 Setembro 2025

Dende a Área de Educación e Cultura do Concello de Rianxo informan de dispoñibilidade de prazas para o Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego, concretamente a iniciativa Sobes ao Autobús do Teatro?, que, desta volta, leva á veciñanza de diferentes concellos galegos a asistir á representación no Salón de Teatro (Santiago) de A serie Clopen, a nova produción do CDG. Será o vindeiro 25 de setembro, con saída fixada para 15:45 horas, na contorna do Auditorio Municipal de Rianxo. A función será ás 18.00 horas. O prezo, de 5 de euros. Trátase dunha obra recomendada para todos o públicos (os menores deben ir acompañados dunha persoa adulta responsábel). As inscricións, a través de cultura@concelloderianxo.gal.

A serie Clopen é unha produción do Centro Dramático Galego con acrobacias imposíbeis, aéreos de impacto, comedia hilarante, danza, clown e unha historia cautivadora. A dirección corre a cargo de Pablo Reboleiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.