“Embutidos Lalinenses, unha empresa galeguizada e galeguizadora” – Xosé González Martínez

15 Setembro 2025

Hai cen anos celebrouse en Lugo, os primeiros días do mes de outubro, o 1ª Congreso de Economía de Galicia, promovido polo alcalde da cidade Eduardo Rosón, quen denunciou a ruina das institucións económicas de Galicia. Foron varios días de debates interesantísimos polas alternativas novidosas e imaxinativas que se fixeron para crear unha inquedanza polos problemas estruturais da economía galega. Os analistas que participaron nel – persoas con autoridade académica e coñecemento dos problemas que tollían o desenvolvemento económico do país- ofreceron para cadanseu ámbito solucións transformadoras.

Repoboar os montes sen deturpar o seu carácter, a natureza da nosa terra, sen perseguir un inmediato afán de lucro, mais non só baixo ese punto de vista, senón tamén do social e do cultural, escribía no prólogo á edición facsimilar das actas do Congreso Isaac Díaz Pardo, un epígono de galeguismo empresarial que creou unha marca país coas cerámicas de Sargadelos e do Castro.

Estas iniciativas foron recollidas por persoas, que, co paso do tempo, foron dinamizadores da chamada economía autocentrada a partir dos recursos propios de Galicia. Velaí están como exemplos os irmáns Fernández López e Álvaro Gil, que crearon unha planta cementeira e puxeron en marcha matadoiros. Os Laboratorios Zeltia foron tamén unha feliz iniciativa pioneira para combater as pragas na agricultura e gandeiría que tantos estragos producían. Evaristo Correa Calderón, avogou por reutilizar o patrimonio inmobilario pacego que xa empezaba a presentar síntomas de derrube polo abandono dos seus propietarios para crear con eles unha rede de casas rurais e castelos e atraer o turismo. Nese contexto congresual hai que situar as Augas mineromedicinais e o Hotel Mondariz, aos que Enrique Peinador Lines lles deu proxección internacional.

Lendo as conclusións do congreso observamos como aqueles visionarios sabían que Galicia non acadaría o progreso que merecía se todo pivotase nos ideais do Rexurdimento arredor da literatura. Ese debate deuse tamén no seo das Irmandades da Fala. A literatura, como expresión da identidade galega no futuro non sería a ferramenta transformadora para a galeguización do país. Isto mesmo dicíano os fundadores da Revista de Economía de Galicia en 1958, que foi tamén outro instrumento eficaz para analizar migalleiramente os problemas estruturais de Galicia. Algúns do que formaban parte do consello de redación casualmente participaran no 1º Congreso de Economía de Galicia.

O Foro E. Peinador recolleu ese pensamento para a reconstrución da identidade galega, convidando a Embutidos Lalinenses a sumarse a este proceso de galeguización. Os seus directivos escenificaran nun acto o reencontro entre a empresa e a galeguización do país. Desde entón a incorporación da lingua galega na etiquetaxe dos seus produtos reforzou a imaxe corporativa da empresa en clave galeguista. Na miña intervención naquel acto dixen que o futuro da lingua galega non está asegurado coa publicación de obras literarias.Ese futuro estará garantido cos novos neotrovadores que teñen que ser empresarios; estes faran posible que a lingua galega conquiste outros espazos sociais decisivos para a autoidentificación do pobo galegos cos seus valores patrimoniais. A perspicacia dos directivos da empresa foi un éxito porque atoparon nos mercados a complicidade duns consumidores ávidos de produtos de calidade etiquetados en galego.

Os Premio Bacelos de Prata, que anualmente conceden a Asociación Álvaro das Casas e Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, entidades que como o Foro E. Peinador, forman parte do colectivo Galeguizar Galicia, concedéronlle a Embutidos Lalinense e á Adega Bordel tan merecidos galardóns recoñecéndolles asi que a calidade e galeguización fan bo xuntoiro.

Os consumidores se optan polos produtos etiquetados en galego farán posible que Galicia sexa cada vez máis galega e próspera.

O próximo día 4 de outubro, ás 12:00 horas en acto solemne e público, celebrarase no Pazo dos Ulloa en Esposende (Ribadavia), a concesión tales distincións ás empresas referenciadas. Serán benvidos todas aquelas persoas que queiran acompañarnos.

Xosé González Martínez é presidente do Foro E. Peinador.

Outros artigos

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

+

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

+

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.