Continúan as mobilizacións no CEIP O Grupo de Ribeira pola falta de titora en 3ºB

20 Setembro 2025

As familias do alumnado de 3ºB de Primaria do CEIP O Grupo de Ribeira manteñen as súas reivindicacións para lograr o nomeamento dun/unha docente que asuma a titoría deste curso, vacante desde o primeiro día de clase.

Na mañá do venres, representantes da ANPA e das familias mantiveron unha reunión coa voceira e secretaria local do Partido Popular en Ribeira, María Sampedro. A dirixente popular reiterou o seu apoio ás demandas, que cualificou de “xustas e necesarias”, pero trasladou que desde a Consellería de Educación lle reiteraron a negativa: “o catálogo do colexio está completo e non está previsto o nomeamento do substituto/a”. A pesar de mostrar a súa disposición a acompañar ás familias a unha posible reunión coa administración, os representantes da ANPA saíron decepcionados ante a falta de avances.

Ante esta situación, o colectivo remitiu onte mesmo un escrito ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para solicitar a súa intervención directa e unha reunión urxente na que expoñer a problemática.

Mentres tanto, continúa a campaña de recollida de sinaturas. Segundo a ANPA, xa superan as 500 rúbricas de familias e veciños, así como o apoio de preto de medio cento de comercios. Tamén expresaron respaldo diferentes entidades sociais e culturais, outras ANPAS da zona, profesorado doutros centros e mesmo a Asociación de Empresarios de Ribeira.

Como novas accións de mobilización, este luns 22 de setembro convocaron unha concentración-cacerolada diante do centro educativo entre as 11:30 e as 12:00 horas. Ademais, unha delegación de pais e nais desprazarase ao Parlamento de Galicia o martes 23, coincidindo coa comparecencia do conselleiro de Educación sobre o inicio do curso 2025/2026. A deputada autonómica Rosana Pérez formularalle preguntas sobre a situación dos colexios da Barbanza, entre eles O Grupo de Ribeira.

Así mesmo, a ANPA mantén presentada unha moción que será debatida no pleno municipal o luns 29 de setembro, ás 20:00 horas, no antigo auditorio. As familias fan un chamamento á cidadanía ribeirense para encher a sala e reclamar o apoio unánime da corporación local.

A situación no centro complicouse ademais coa modificación de horarios do profesorado: nove docentes repártense agora a atención de 23 alumnos e alumnas de 7 e 8 anos, impartindo diversas materias sen unha figura estable de titora. Isto obrigou a recortar proxectos educativos consolidados, afectando á totalidade do alumnado do colexio, con máis de 400 estudantes.

“As consecuencias desta falta de solución inmediata non se limitan a unha aula, senón que repercuten gravemente na calidade da educación pública en todo o centro”, denuncian desde a ANPA, que insiste en que a única saída viable é o nomeamento inmediato dun/unha titora para 3ºB.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.