CONGALSA súmase á festa do Rock in Rian

01 Setembro 2025

O Pazo de Martelo acolleu este luns 1 de setembro pola mañá a presentación da XVII edición do Festival Rock in Rian, un evento xa consolidado no calendario cultural de Galicia que volverá encher de música e ambiente festivo a vila de Rianxo os días 5 e 6 de setembro, no Parque de Galiza.

No acto estiveron presentes representantes institucionais, da organización e das entidades colaboradoras, entre elas CONGALSA, empresa patrocinadora do festival. En representación da compañía asistiu Isabel Cañas, directora de Relacións Externas, quen destacou que “CONGALSA mantén un firme compromiso co tecido cultural e social da comarca, apoiando iniciativas que, como o Rock in Rian, unen música, tradición e identidade galega, á vez que proxectan o nome da comarca máis aló das súas fronteiras”.

O festival contará este ano cun cartel de primeiro nivel encabezado pola banda Boikot e os portugueses Kumpaia Algazarra, xunto a grupos de referencia como Dakidarría ou Rebeliom do Inframundo. Tamén participarán A Banda da Loba, Lisdexia, High Paw, Nadie González, Collón de Lola, DJ Rapante, La Duendeneta e Maruxa e Coralia, ademais de The Twinpims, gañadores do IV Concurso de Bandas Emerxentes.

Como é tradición, o Rock in Rian aposta tamén polo talento local, coas actuacións de Buxaina, Fogo Fatuo, Vai de Roda e Río de Anxo. A música sairá así mesmo ás rúas con pasabares, espectáculos e a clasificatoria da liga CeibaRimas 2025.

A programación complétase cunha zona de acampada gratuíta, feira de artesanía e espazo gastronómico, ademais de actividades previas dirixidas ao público infantil, como espectáculos de maxia, xogos populares e concertos adaptados aos máis pequenos.

As entradas xa están dispoñíbeis en www.festivalrockinrian.gal, tanto o abono para os dous días como as entradas individuais.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.