Case 800 participantes recollen máis de 7 toneladas de lixo na XVIII Limpeza Simultánea de Ríos

22 Setembro 2025

Un ano máis, a asociación ecoloxista ADEGA, a través do seu Proxecto Ríos, conseguiu mobilizar centos de persoas para mollarse polos ríos ao longo de toda a xeografía galega. A XVIII Limpeza Simultánea de Ríos celebrouse este domingo, 21 de setembro e, segundo confirmou a organización, reuniu grandes e pequenos grupos, rapazada nova e persoas máis maiores, que se xuntaron nunha das xornadas de voluntariado ambiental de referencia no país, cun mesmo obxectivo: coidar dos nosos ríos e concienciar a sociedade da necesidade de facer unha xestión sostíbel do lixo para que a nosa natureza estea ben conservada.

Contouse novamente coa participación do termo rianxeiro, grazas á cooperación do Concello e da Asociación de Veciños do Araño, que volveron limpar o río Te, e tamén do termo padronés, grazas ao labor da Asociación Naturalista Hispella.

Tamén participo o voluntariado de Outes e da súa contorna, a través do proxecto Renatur_Outes, cunha xeira de limpeza no río Tins.

A XVIII Limpeza Simultánea de Ríos desenvolveuse ao longo de 52 concellos de toda Galiza coordinada pola organización ecoloxista ADEGA e organizada por unha rede de entidades, asociacións, fundacións, centros de ensino, etc., que se uniron á limpeza e reuniron voluntariado de cada lugar de Galiza para limpar os ríos do seu ámbito xeográfico.

Foron, en total, máis de 70 as entidades involucradas nesta limpeza simultánea, que mobilizou case 800 persoas e na que se recolleron máis de 7 toneladas de lixo, segundo os primeiros datos analizados. Moitas destas entidades son asiduas nesta convocatoria anual, pero outras moitas apadriñaron ríos por primeira vez neste 2025, “o que evidencia o éxito destas actividades de voluntariado ambiental, a medrar ano tras ano”, sinalou ADEGA.

Ao longo das 18 edicións da Limpeza Simultánea de Ríos, ADEGA e Proxecto Ríos puideron observar “unha pequena diminución de lixo nos treitos dos ríos nos que se actuou, pero as cantidades recollidas seguen sendo preocupantes”, sinalou a entidade ambiental, engadindo que o voluntariado atopou refugallos moi variados e, coma sempre, abundaron os plásticos: botellas, garrafas, bolsas, sacos… Tamén apareceron rodas, cristais e latas, pilas, restos de madeira e móbeis, ferralla, sinais de tráfico, pezas das torres de alta tensión, uralitas, roupa, calzado, carros da compra e etc. As toalliñas húmidas para hixiene persoal volveron aparecer en abundancia, xunto coas compresas e tampóns.

A organización ecoloxista ADEGA fai un chamamento a “reflexionarmos como sociedade sobre o uso destes materiais e, sobre todo, sobre o lugar que empregamos para desfacernos deles”.

Tiralos polo retrete só fará que rematen nos nosos ríos e contaminan os cursos fluviais e ribeiras. No reconto final, ADEGA calcula que os residuos recollidos nos 52 concellos de actuación suman máis de 7 toneladas de lixo, pero aínda son moitos os datos que faltan por recadar.

Con todo, a organización lembra que o principal obxectivo dunha xornada coma esta é axudar a concienciar a sociedade sobre a importancia dunha boa xestión dos nosos residuos. Ademais, ADEGA insiste en que voluntariado ambiental non é man de obra barata que poida suplir o traballo da administración, e demanda que a situación en que se atopan os ríos mude. Proximamente, ADEGA publicará na web de Móllate polos Ríos un informe coas conclusións finais desta actividade.

Colaboracións

Por último, ADEGA expresa o seu fondo agradecemento a todo o voluntariado galego polo seu compromiso cos nosos ríos. As máis de 800 persoas mobilizadas demostran que a sociedade galega se molla polos ríos.

Para esta actividade, o Proxecto Ríos contou coa colaboración dos concellos de Allariz, Ames, Ares, As Pontes, Cangas, Fene, Meis, Melide, Moaña, Muras, Narón, Nigrán, Ourense, Pontevedra, Rianxo, San Sadurniño, Santiago de Compostela, Tomiño e Vilasantar. A XVIII Limpeza Simultánea de Ríos é unha actuación financiada pola Deputación da Coruña e Confederación Hidrográfica Miño Sil.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...