Beatriz Ferrín achéganos no Son a segunda parte da súa mostra “Un paseo pola contorna”

07 Setembro 2025

A artista da nosa comarca Beatriz Ferrín achéganos estes días a segunda parte da súa mostra pictórica centrada nos tesouros do Barbanza: Un paseo pola contorna II. A mostra, composta de acuarelas extraídas directamente das contemplacións da artista nas nosas aldeas e vilas, poderá verse na sala de exposicións da Casa da Cultura de Porto do Son acolle, ata o 15 de setembro, en horario de luns a venres, de 8:00 a 14:00 h e os sábados de 11:00 a 13:00 h

Beatriz Ferrín é unha artista local autodidacta que destaca pola calidade de súa técnica no formato das acuarelas. Os seus traballos están inspirados na súa maioría no municipio mariñeiro e inclúen homenaxes á arquitectura local, ás súas xentes e á súa impoñente paisaxe marítima. Ferrín mostra o seu talento nas redes sociais a través da súa firma, Augarela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.