“Ardeu matogueira e catro pedras, dixo o presidente da Xunta” – Antón Luaces

04 Setembro 2025

Alfonso Rueda non sabe (?) que moitos galegos perderon a maioría ou todas as súas pertenzas a causa dos lumes que arrasaron  centos de hectáreas de terras e montes, estragando deste xeito todo canto plan de vida tiñan deseñado para o presente e, obviamente, un futuro que xa non teñen coma obxectivo porque non  é de seu. Rueda minimizou a catástrofe dos incendios e, segundo manifestou, grande parte do que se levaron as lapas nesta comunidade autónoma eran matogueira e pedras.

Cuestionaba así as medicións realizadas polo programa Copernicus, que sinalaba que se queimaran máis hectáreas das que recoñece o goberno galego, e que houbo medios da Xunta parados nos incendios por falta de persoal para cubrir as 24 horas de cada xornada de traballo.

Minimizar o drama dos terribles incendios deste verán é un labor absurdo porque os medios de comunicación, especialmente a televisión, amosaron unha Galicia boa parte da cal pasou de ser sempiternamente verde a desoladamente moura, como moi ben se evidencia en fotografías aéreas nas que camiños e estradas semellan ser as veas dunha terra  na que as árbores son as espiñas duns esqueletes renegridos ás que nin os cans se aproximan para mexar.

Admite Alfonso Rueda que as hectáreas queimadas son moitas, mais non todas son árbores xa que logo “máis do 60% do queimado era matogueira, monte baixo”. Recoñeceu, iso si, que “unha parte importante que vemos cando circulamos desde as estradas, son pedras, que tamén computan na superficie”.   

Unha calidade que, certamente, parecía irrelevante: as pedras tamén computan como superficie. E logo, non?. 

Pero a realidade é teimuda e fala por si soa. Basta unha ollada, mesmo de esguello, coma quen non  ve: matogueira e pedras, en Galicia non pasou nada, todo está en orde, brilantemente verde. É a Galicia de sempre: ata os servizos apagalumes foron innecesarios. 

E sen embargo os viciños afectados polo lume falan en pasado: aquí tiñamos a cociña; alí o noso cuarto e, a carón, o cuarto dos fillos no que durmían ata o de agora os netos cando viñan de Barcelona pasar con nós unhas semanas. Onde van durmir agora?.. Virán doutra volta?”. Todo en pasado e condicional. Pero o presidente Rueda non veu máis que matogueira e pedras ardendo.

Oxalá fora así, presidente. Pero a realidade é moi outra e fala por si soa.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.