“Angustia e decepción” – José Manuel Pena

24 Setembro 2025

A maioría dos cidadáns, que se dedican a traballar e a cotizar, non entenden como algúns gobernantes da Xunta de Galicia, concretamente desde a Consellería de Sanidade e de Educación, non se poñen as pilas para garantir o persoal axeitado para os diferentes centros de saúde ou hospitalarios así como os centros educativos.

En Ribeira, concretamente nos últimos tempos, estase a vivir con angustia e decepción a falta de médicos no centro de saúde e o hospital comarcal do Barbanza, así como a carencia de profesores nalgúns centros educativos, como o Grupo. A sanidade e a educación públicas son piares fundamentais de calquera sociedade avanzada e democrática. Limitar os recursos e a falta de compromiso é un erro político, que a sociedade debe corrixir.

As plataformas en defensa da sanidade pública e moito anpas, de nais e pais de alumnos, están a alertar do desmantelamento de moitos dos nosos servizos públicos, por parte da Xunta de Galicia, quizais para beneficiar ás clínicas ou centros privados sanitarios e aos colexios privados, aos que non todo o mundo pode acudir aínda que quixese.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.