Ambar celebrou o acto de entrega de diplomas das formacións de mercadotecnia e venda e cociña

29 Setembro 2025

Este luns 29 de setembro celebrouse no Centro de Recursos da Asociación Ambar das persoas con Diversidade Funcional, en Ribeira, a entrega de diplomas das formacións de Actividades de Xestión, Venda e Promoción no Comercio e Operacións básicas de Cociña e Pastelería.

O acto acolleu ás persoas que puxeron o seu gran de area para apoiar e impulsar as formacións.

Asistiron todas e todos as/os participantes nas formacións: por unha banda, o alumnado da formación de Marketing e Venda: Fernando Fernández, Ismael García, Diego Lijó, Jenny Vilar, Carlos Mosquera, Manuel Piñeiro e Adrián Vilar.

Da formación de Cociña e Pastelería participaron: Eloy Barreiro, Olaia Pérez, Fernando Carvalho, Araceli Pouso, Joaquín Tobío, Martín Coiradas e Carmen González.

Ao alumnado estivo acompañado polas dúas docentes das formacións: Marga Silva, de Marketing e Venda, e Irene Fajardo, de Cociña e Pastelería.

Asistiron tamén Tania Redondo, concelleira de Medio Rural e Servizos Municipais do Concello de Ribeira; Juan José Calo Miranda, concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural do Concello de Porto do Son; Eva Fontaíña, traballadora social da UCA; e Manuel Teira Rivas, director do CIFP Coroso e representantes de A Creba.

Tamén participaron na xornada Beatriz Gallego Nieto, directora territorial de Inserta Empleo en Galicia, en representación de Fundación ONCE e Isaura Bouzón Calvo, como consultora de Emprego e Formación en Inserta Empleo, e coordinadora das accións formativas.

Da Asociación Ambar asistiron Helena Teira, coordinadora xeral; Milagros Rey, presidenta; Alicia Romero, secretaria; Jessica Estévez, Daniel Tojo e Lara García, profesionais da área de formación e emprego de Ambar e Sheila Santos, responsábel do proxecto Ría de Arousa Accesible.

Sumáronse tamén ao acto as persoas representantes das empresas acolledoras, que puxeron en valor o esforzo do alumnado en prácticas e a satisfacción de acollelos. As empresas asistentes foron: Trastiños, Mimarte, Astilleros Catoira, Gastrolab Arousa, Échale Huevos e O Cuco.

Durante a xornada deste 29 de setembro o alumnado tivo a oportunidade de compartir as experiencias das empresas acolledoras e de celebrar todos os seus éxitos e logros durante as formacións, “que só marca o inicio dun futuro prometedor na súas carreiras laborais”, explicaron dende Ambar, engadindo que estas formacións foron posíbeis grazas ó apoio da Fundación Once e o Fondo Social Europeo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.