Ambar celebrará un acto de entrega de diplomas polas formacións realizadas neste 2025

25 Setembro 2025


A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional celebrará este luns 29 de setembro o acto de entrega de diplomas das persoas que participaron nas formacións de Operacións básicas de cociña e catering e Actividades de xestión, venda e promoción no comercio. Ambas as dúas formacións, deseñadas para impulsar a autonomía e a independencia das persoas con diversidade funcional, “chegan á súa recta final cun balance moi positivo”, en palabras da asociación inclusiva do Barbanza.

Como lembraremos, durante o seu desenvolvemento, os Concellos de Ribeira e Porto do Son cederon as instalacións de cociña do Mercado Municipal e do Viveiro de Empresas, respectivamente, para que o alumnado puidese poñer en práctica os coñecementos teóricos adquiridos.

No acto de entrega de diplomas, que contará coa participación de representantes de ambas as dúas entidades, recoñecerase o esforzo e a dedicación das persoas participantes, un paso fundamental para a súa inclusión sociolaboral.

Ademais, tamén estarán presentes Beatriz Gallego Nieto, directora rexional de Inserta Empleo en Galicia e Isaura Bouzón Calvo, coordinadora das actividades formativas complementarias que se levaron a cabo (PRL e manipulación de alimentos). E, por último, esta confirmado que acuda A Creba e están convidados o CIFP de Coroso e a UCA de Ribeira, que, segundo lembra Ambar, “prestáronnos o seu apoio e orientación durante esta etapa formativa”.

Data: Luns, 29 de setembro de 2025 Hora: 13:00 h

Lugar: Centro de Recursos da Asociación Ambar, Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.