AGADEA achega o seu Bingo Solidario a Coroso para a loita contra o alzhéimer

01 Setembro 2025

A concelleira de Servizos Municipais, Tania Redondo, a coordinadora de Servizos de Estimulación Terapéutica do Centro de Día Público Alzhéimer de Ribeira, Vanesa Tubío, xunto a artista Tania Fuegho, presentaron este luns 1 de setembro o Bingo Solidario organizado por AGADEA Ribeira.

Explicaron que o mes dedicado á concienciación sobre o alzhéimer é setembro, declarado Mes Mundial do Alzhéimer, e durante este tempo “búscase aumentar a comprensión sobre a enfermidade, reducir o estigma e promover a acción para previla e tratala”.

Así, co gallo do Día Mundial do Alzhéimer (o 21 de setembro), AGADEA Ribeira vai celebrar o vindeiro venres 5 de setembro as 19.30 horas, no merendeiro da praia de Coroso, un evento “cheo de vida, lembranzas e solidariedade”, avanzaron, engadindo que se trata do Bingo Solidario – Recorda e Gaña.

A concelleira agradeceu a AGADEA polo traballo que está realizando por concienciar á veciñanza desta enfermidade e pola frescura nas iniciativas “xa que o ano pasado sacaron á rúa tódalas dinámicas coas que traballan no centro e este ano teremos un Bingo Solidario en Coroso”.

Redondo sinalou que o Concello sempre estará apoiando este tipo de iniciativas co fin de avanzar na concienciación, comprensión e estudo da doenza”.

Vanesa Tubío destacou que é “unha cita para rir, compartir e, sobre todo, lembrar xuntos, mentres apoiamos unha causa que nos toca moi de preto: a investigación nas demencias e na enfermidade de alzhéimer”.

Tubío tamén destacou que “detrás deste bingo hai algo máis ca premios e cartóns: hai persoas, familias e historias que loitan cada día por manter vivos os recordos”.

Estarán dinamizando o evento Tania Fuegho e Emilio Guillín e ao finalizar o sorteo será o momento da música con Lau Panicanela que estarán amenizando a xornada con un pincho solidario a custo de 2€ no Bar Restaurante “O Paseo”.

O cartón solidario para o bingo terá un prezo de 5 euros e os puntos de venda habilitados para mercalo serán, o Centro de Día de Ribeira en horario de 09.00 a 19.00 horas, o Centro Terapéutico de Ribeira en horario de 15.00 a 19.00 horas de luns a venres (luns, mércores e venres de 10.00 a 13.00 horas), Bar Restaurante “O Paseo” e nunha mesa informativa que estará montada de luns a venres na rúa Galicia en

horario de 10.00 a 13.00 horas e de 15.30 a 18.30 horas.

Dende a organización recomendan mercar os cartóns e o pincho solidario de forma anticipada nos puntos de venda habituais, “xa que isto axudaranos a garantirvos unha cadeira e para unha mellor organización do evento”.

Máis información na web de AGADEA.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.