A Xunta impulsa o Pacto polo Litoral para unha xestión compartida da costa galega

18 Setembro 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, presentou este mércores o Pacto polo Litoral, un acordo histórico que busca establecer un marco estable de colaboración entre a Administración autonómica e os concellos costeiros para a xestión da costa galega.

Durante un encontro con alcaldes, alcaldesas e persoal técnico dos 86 municipios do litoral, Rueda subliñou que estas novas competencias “tócannos a todos” e que a Xunta quere contar cos concellos como protagonistas nun modelo de cogobernanza real, baseado no diálogo e no acordo.

O mandatario galego lembrou que Galicia exerce desde o pasado 1 de xullo a xestión plena e efectiva do seu litoral, tras culminar o traspaso de funcións do Estado, e destacou tamén a pioneira Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (Loxilga), en vigor desde agosto de 2023.

Entre as medidas previstas, os concellos recibirán apoio da Xunta para adaptar plans urbanísticos, aprobar ordenanzas de protección ambiental, impulsar oficinas municipais do litoral, desenvolver proxectos de turismo sostible e promover programas locais de educación ambiental, implicando ademais ao sector mariñeiro e ao tecido asociativo.

Rueda puxo en valor que Galicia conta con 2.555 quilómetros de costa, a maior extensión de España, que constitúe fonte de vida e traballo para máis da metade da poboación galega. A actividade vinculada ao mar achega arredor de 9.000 millóns de euros anuais, o 5% do PIB galego.

No capítulo de avances, o presidente lembrou a creación da Comisión Interdepartamental da Coordinación do Litoral, a orde de axudas de 5 millóns de euros para mellora turística da costa e a convocatoria de ideas para deseñar un chiringuito móbil biosostible. De cara ao futuro, anunciou que antes de que remate o ano aprobarase o decreto que regulará o Catálogo de bens de valor cultural do litoral.

Ademais, como novidade lexislativa, a Xunta permitirá ampliar a tempada de apertura dos establecementos de praia, que poderán estar operativos desde Semana Santa ata o 31 de outubro, co obxectivo de fomentar un uso máis racional, rendible e sostible da costa.

O Pacto polo Litoral completarase coa posta en marcha dunha mesa de desenvolvemento local, no marco do Foro do Litoral, que se converterá no máximo órgano de participación en materia de ordenación e protección da costa galega.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.