A Xunta dá luz verde ao acondicionamento dunha nave de PetSelect como planta de comida para mascotas en Boiro

24 Setembro 2025

A Xunta deu dar luz verde ambiental ao proxecto para o acondicionamento dunha nave existente para a preparación e envasado de comida para mascotas a partir de diferentes materias primas, no concello de Boiro. O proxecto autorizado está supeditado ao cumprimento das condicións incluídas nos distintos documentos emitidos durante a tramitación ambiental.

A empresa do Barbanza Petselect ten sedes na Pobra e en Boiro

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores 24 de setembro a resolución do informe de impacto ambiental (IIA) emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. No devandito estudo, resólvese que “non son previsíbeis efectos adversos significativos derivados do proxecto sempre que se cumpra cos condicionantes fixados tanto no documento ambiental como na restante documentación analizada e no programa de vixilancia ambiental”.

O informe foi elaborado no marco do procedemento de avaliación de impacto ambiental simplificada desta iniciativa empresarial, un trámite no que a documentación presentada polo promotor foi sometida a participación pública, sen que se recibise ningún escrito ou alegación ao respecto, ao tempo que foron consultados un total de once organismos interesados.

Froito desas consultas, foron establecidos algúns condicionantes que se recollen na resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade. O informe de impacto ambiental marca tamén o contido que deberá ter o programa de vixilancia e seguimento ambiental, que terá que elaborar o promotor do proxecto. As avaliacións consideran que “o proxecto non vai ter impactos significativos nos distintos eidos analizados” e “que sería viábel a súa posta en marcha sempre que se cumpra con certos condicionantes establecidos nos seus respectivos informes con relación á protección da atmosfera e contaminación acústica, poboación e saúde; augas e leitos fluviais; xestión de residuos; integración paisaxística ou protección da fauna e da vexetación, entre outros”.

O proxecto para a transformación dunhas instalacións existentes nunha planta de produción de comida para mascotas localízase nunha parcela de 14.210 m2 no polígono empresarial de Espiñeira, na parroquia de Santa Baia, no municipio coruñés de Boiro. O proxecto levarase a cabo nunha nave industrial con edificacións auxiliares, que ocupan unha superficie de 5.840,1 m2, , e que non terán que ser modificadas.

A nova instalación, promovida pola empresa da nosa comarca PetSelect, SA, encargarase da elaboración e empaquetado de comida para mascotas, empregando diferentes materias primas (produtos cárnicos, pescado, vexetais, cereais e aditivos). A capacidade máxima de produción da liña estímase en 66,15 t/día e 50 t/ano. O produto elaborado, que non é apto para consumo humano, será almacenado en contedores estancos (cámara de refrixeración) ata a súa recollida por un xestor autorizado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.