A veciñanza de Dodro terá acceso a media ducia de cursos tecnolóxicos para fomentar o emprego e o emprendemento

05 Setembro 2025

O Concello de Dodro informa que vai ter acceso a media ducia de cursos de balde centrados en diferentes aspectos da Sociedade da Información. A formación abéirase ao proxecto TuRepueblas e conta co apoio da Fundación UNED e coa colaboración do Concello de Dodro.

Estes cursos online, que tamén serán accesíbeis dende a Aula de Informática local, centraranse en cuestións candentes como a ciberseguridade, a xestión e análise con follas de cálculo ou a Intelixencia Artificial, todas elas cuestións de gran interese para mellorar currículos, atopar emprego ou acompañar unha iniciativa de emprendemento. Os cursos están concibidos para persoas desempregadas, maiores de 65 anos, menores de 25 anos e mulleres. Quen teña interese en inscribirse nalgunha das actividades pode facelo a través do blog do Reto Rural da UNED.

Cursos incluídos

O teu gardián en liña: fundamentos de ciberseguridade para a autodefensa.

Xestión e análise de datos con folla de cálculo.

Habilidades dixitais para a vida no século XXI.

Introdución á Intelixencia Artificial e as súas aplicacións.

Retos de aprendizaxes dixitais no entorno rural desfavorecido.

Comunicación dixital e cidadanía activa: estratexias para a era dixital.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.