A Ría da Estrela avanza no Plan de Sustentabilidade Turística: reunión de seguimento en Noia

24 Setembro 2025

O presidente da Asociación Rural de Desenvolvemento (ARD) Ría da Estrela e da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia, Luís Oujo, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co alcalde de Noia, Francisco Pérez, e o tenente de alcalde, Manuel Seijas, para analizar o grao de desenvolvemento das actuacións incluídas no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) da Ría de Muros Noia.

Segundo explicou Oujo, o encontro serviu para avaliar “o bo ritmo das obras recollidas no PSTD, xa que son executadas polo Concello de Noia”. O plan ten como obxectivo poñer en valor os recursos e atractivos da zona e converter a Ría da Estrela nun destino turístico competitivo, fomentando novos produtos que axuden a desestacionalizar e diferenciar a oferta turística.

O PSTD da Ría de Muros Noia conta cun investimento de 2,3 millóns de euros, financiados pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU, e estrutúrase en catro eixos: transición verde e sostible, mellora da eficiencia enerxética, transición dixital e competitividade.

Na reunión analizáronse, entre outras actuacións, o estado da senda litoral da Ría da Estrela —con obras xa finalizadas en Muros, a piques de rematar en Outes e a iniciar proximamente en Porto do Son—, así como os traballos de restauración ambiental e paisaxística de tramos do Camiño de Santiago da Ría de Muros Noia, a adecuación da contorna da Chaínza e a dixitalización da información do xeodestino.

Tras esta primeira toma de contacto, celebrada hoxe en Porto do Son, mañá xoves terá lugar unha segunda reunión na Casa Consistorial de Noia, na que os técnicos de ambas entidades analizarán con detalle o nivel de desenvolvemento do PSTD.

Oujo aproveitou para agradecer ao alcalde e ao tenente de alcalde de Noia a súa disposición a acoller os encontros da ARD e da Asociación de Concellos do Camiño na Casa do Concello, “xa que, por unha cuestión de centralidade e desprazamento, é o que máis facilita a participación dos cinco municipios da Ría da Estrela”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.