A Pobra inviste 10.000 euros na reparación do parque do Castelo

19 Setembro 2025

O Concello puxo en marcha esta semana as obras de reparación do parque infantil do Castelo, unha das zonas de xogo máis utilizadas do municipio. A intervención conta cun investimento municipal de arredor de 10.000 euros.

A concelleira de Servizos Municipais, Estefanía Ramos, destacou que se trata dunha actuación necesaria: “É unha das áreas infantís de maior uso por parte dos nenos e nenas, polo que resulta imprescindible resolver os desperfectos actuais e deixala en perfecto estado de uso”.

Os traballos consisten na reparación de elementos danados, a substitución das escaleiras da torre e o arranxo do solo de caucho. A previsión municipal é que as intervencións estean rematadas na vindeira semana.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.