A Pobra do Caramiñal reivindica a súa historia e patrimonio nas Xornadas de Divulgación e Historia Pobrense

27 Setembro 2025

A oitava edición das Xornadas de Divulgación e Historia Pobrense “A Pobra do Caramiñal no tempo” arrancou este sábado no Teatro do Cine Elma cunha resposta multitudinaria. Máis de cen persoas asistiron aos relatorios iniciais desta cita cultural que busca poñer en valor a historia, o patrimonio e a identidade do municipio.

O alcalde, José Carlos Vidal, inaugurou o encontro destacando o orgullo que supón para o goberno local “comprobar que esta actividade suscita tanto interese entre a veciñanza e que hai tanta xente apaixonada pola historia e o patrimonio do municipio”. Na apertura participou tamén a concelleira de Cultura, Patricia Lojo.

O programa deste sábado incluíu catro conferencias. Miguel Conde abriu a xornada co relatorio “Tradición, cambio e fantasía nos nomes de lugar da Pobra”, no que compartiu o resultado do seu traballo de anos recollendo topónimos polas parroquias. A investigadora Nati Rey abordou os “Ritos de vida, ecos de morte: a fertilidade e a perda temperá nos cruceiros e na cultura popular”. Pola súa parte, Manuel Gago falou de “As árbores do concello na Pobra do Caramiñal e en Galicia: unha memoria perdida”, sobre a importancia destes elementos naturais como puntos de decisión colectiva. O encargado de pechar o día foi José Manuel Vázquez Lijó, da Universidade da Coruña, cun relatorio sobre as primeiras migracións pobrenses a América no século XIX.

As xornadas concluirán este domingo, 28 de setembro, cunha andaina para descubrir os cruceiros, lendas e rituais de San Isidro de Postmarcos. As 73 prazas dispoñibles para esta actividade xa están completas.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.