A Pobra convida á cidadanía a descubrir a voz artística de Margarita Lozares cunha nova exposición na Casa da Cultura

03 Setembro 2025

O Concello inaugurará este venres, 5 de setembro, ás 20.30 horas a exposición Un paseo con pinceis, unha colección que leva a firma de Margarita Lozares. A mostra verá a luz o venres, pero poderá visitarse ata o 30 de setembro na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler.

A apertura correrá a cargo da concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e da propia autora das obras, que fará unha aproximación ao público asistente sobre os cadros de Un paseo con pinceis. A concelleira anima á cidadanía a sumarse á actividade, coa que se mantén “unha liña de traballo decidida por ofrecer á veciñanza alternativas culturais pertencentes a todas as disciplinas artísticas”, explica Lojo.

Un paseo con pinceis é, tal e como explica a propia autora, un percorrido “íntimo por paisaxes onde o mar ten voz, onde os faros gardan segredos e os campos pintan o papel con murmurios da natureza”. Trátase do primeiro traballo el solitario da artista e, con ela, Lozares busca compartir a súa “mirada co mundo e homenaxear o proceso de descubrir a súa propia voz artística”.

Como vén sendo habitual, ademais da propia inauguración, o acto contará coa amenización musical a cargo do grupo de música tradicional Eiradela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.