A Pobra busca as novas promesas da literatura infantil coa VIII edición do Premio Carlos Mosteiro

04 Setembro 2025

A Pobra busca as novas promesas da literatura infantil escrita en galego cunha nova edición do Premio Carlos Mosteiro. A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, presentou, esta mañá, a oitava convocatoria do certame xunto á presidenta da Asociación Barbantia, Chus Blanco, e o director de edicións da editorial Galaxia, Marcos Calveiro.

A iniciativa, froito da cooperación entre a administración, a entidade e a casa editorial, busca, tal e como explicou a edil, un dobre obxectivo: “Por unha banda, queremos promover a cultura na nosa lingua, dando a novos autores e autoras a oportunidade de dar a coñecer o seu traballo e, pola outra, queremos que este galardón continúe sendo unha homenaxe a Xosé Carlos Mosteiro Fraga, veciño e mestre durante anos no CEP Pilar Maestú Sierra”.

Coma en edicións anteriores, a convocatoria está aberta a obras orixinais escritas en lingua galega e dirixidas a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos. Os traballos deberán ser inéditos en todos os formatos e non poden ter recibido un premio con anterioridade noutros certames. A extensión está fixada entre os 50.000 e os 150.000 caracteres (cos espazos incluídos), aínda que o xurado poderá considerar esta condición dun xeito flexible conforme á calidade do escrito seleccionado.

As candidaturas poderán presentarse en papel ou en formato dixital (en formatos .doc, .odt ou .pdf). Neste último suposto, deberán entregarse, preferentemente nun soporte USB, no rexistro xeral municipal ou por medio do correo premioliterario.cultura@apobra.gal. O prazo de recepción de orixinais estará dispoñíbel ata o 1 de novembro.

No interior do sobre de participación incluirase a solicitude de participación no propio Premio, a autorización para que o Concello poida recadar os datos que acrediten que a persoa está ao corrente das súas obrigas tributarias e o documento acreditativo da identidade.

O xurado estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio na literatura infantil (unha da propia editorial Galaxia). Unha vez analicen todas as pezas, elixirán a unha persoa gañadora que recibirá o seguinte premio: unha dotación económica de 3.000 euros e a publicación do traballo como parte da colección Árbore da editorial Galaxia.

Outros artigos

Vella Escola habilita un “pump track” en San Lázaro (Noia)

Desde esta fin de semana, a contorna de San Lázaro (Noia) conta cun novo espazo para gozar sobre rodas da man da xente de Vella Escola. Trátase dun circuíto pump track instalado con motivo do festival Antares. Permanecerá en Noia ata o vindeiro 1 de novembro, aberto...

+

Falece un motorista que se accidentou en Carnota

Pasadas as 21:40 horas do sábado, un particular informou ao 112 Galicia de que acababa de atopar unha moto accidentada fóra da estrada á altura do quilómetro 87 da AC-400, en Santa Comba (Carnota). O implicado estaba a carón do vehículo e precisaba asistencia...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.