A nosa edición dixital de “obarbanza.gal” crece en agosto un 8% e distribúe este mes 10.000 exemplares da súa edición impresa

02 Setembro 2025

O diario dixital obarbanza.gal”, segue a crecer situándose no segundo medio de comunicación da comarca no que se refire a información local. No mes de agosto chegou a unha media diaria de 9.580 siareiros con picos que superan as 21.000 visualizacións nalgunhas das súas redes sociais e unha media web de 5.284 lectores/día en agosto con picos de 22.000.

En porcentaxe da web o 38,7 por cento dos lectores proceden de Ribeira, seguido de Boiro cun 20,2 %, A Pobra e O Son cun 12 % cada un dos concellos e o resto repartese entre Rianxo, Noia, Lousame, Dodro, Muro, Santiago a península e o exterior.

Preciamente os países con presenza de veciños da comarca son os que contan con maior número de siareiros. Así despois do noso país, Estados Unidos, Noruega, Suecia, Irlanda, Portugal, Suíza, Francia, Reino Unido e Arxentina os os maís destacados.

O mes que rematou serviu un total de 455,640 novas cunha media/día de 14.132, na web. e a rede facebook chega xa a picos de 21.000 visualizacións/día.

No que se refire á nosa edición mensual que chegou o número 77, segue a distribuir este mes de agosto 10.000 exemplares que se reparten de balde en 10 concellos e que conta a mais con preto de mil descargas na súa edición pdf da rede. O próximo luns sairá do prelo o número 78 da edición en papel de O Barbanza dedicado ás festas de Santa Uxía en Ribeira, O Nazareno A Pobra, A Guadalupe de Rianxo e o Carmen O Son.

Tamén a sección de opinión conta con centos de lectores e a que cada vez vanse incorporando veciños da comarca que queren cos seus comentarios e denuncias achegar o seu sentir.

Grazas polo apoio, a difusion e a colaboración e esperamos seguir contando co voso seguimento. Lembrade o noso mail de contacto redaccion@obarbanza.gal e o noso whatsapp 608 24 01 60.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.