A IV Xornada de Pesca de Ribeira analiza os retos do sector con Europa no horizonte

19 Setembro 2025

A Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira acolleu a IV Xornada de Pesca, organizada pola OPP83-Sociedade Cooperativa do Mar Santa Uxía, un encontro xa consolidado que reuniu a máis de cen participantes entre expertos, profesionais, alumnado e representantes institucionais.

Na apertura interviron o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, o director xeral de Pesca Sostible, Ramón de la Figuera, a directora da Escola Náutico-Pesqueira, Gloria Santalla, e a xerente da OPP83, María José Casais, quen resumiu o espírito da xornada: “O futuro da pesca debe construírse desde a sostibilidade, atendendo á realidade do territorio e coa mirada posta nas novas xeracións”.

Europa marca o rumbo

A primeira mesa centrouse no Pacto Europeo polos Océanos e na reforma da Política Pesqueira Común. O asesor político do comisario europeo de Pesca, Antonio Basanta, salientou a necesidade de protexer e restaurar os océanos, citando Ribeira como exemplo de economía azul. Pola súa banda, De la Figuera defendeu que as pesqueiras españolas xa están ben xestionadas e criticou o discurso “vello” sobre a sobreexplotación.

Na mesa redonda, a economista María do Carme García-Negro pediu unha política pesqueira que vaia máis alá de Europa para frear o cambio climático, mentres que o director xeral de Pesca da Xunta, Cándido Rial, reclamou dar voz ao propio sector para asegurar unha cogobernanza real.

O mar do futuro

O segundo bloque abordou dous grandes retos: a descarbonización da flota e o estudo das especies peláxicas. O profesor da USC Gonzalo Rodríguez advertiu da necesidade dunha transición enerxética “xusta e global” que non penalice á pesca artesanal. Ademais, especialistas en enxeñaría naval e transporte marítimo analizaron solucións técnicas como novos sistemas de propulsión, combustibles alternativos e optimización dos buques.

O investigador do IEO de Vigo Pablo Carrera presentou avances sobre a pesqueira do lirio —buque insignia da OPP83 coa marca Lirio de Ribeira— e outras especies, incidindo na importancia dunha xestión sustentable baseada en datos científicos.

Galicia alza a súa voz

Na clausura, María José Casais advertiu do risco que suporía o recorte dos fondos europeos FEMPA para a competitividade do sector. O alcalde Luís Pérez reclamou “máis poder de decisión” en Europa e a conselleira do Mar, Marta Villaverde, defendeu a importancia estratéxica de Ribeira como “un dos portos máis relevantes de Europa”, pedindo unidade para que Galicia teña unha “voz propia e forte” nas negociacións comunitarias.

O encontro pechouse cunha degustación de produtos pesqueiros da OPP83, unha mostra do valor engadido e da calidade das capturas da flota ribeirense, unha das máis importantes do continente.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.