A Deputación da Coruña e o Concello de Padrón celebran cos membros do Club Ciclista Padronés os seus éxitos deportivos

09 Setembro 2025

O deputado de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leira, participou este luns 9 de setembro, xunto ao alcalde de Padrón, Anxo Rei Arca, o concelleiro de Deportes, Luís Mariño, e a concelleira de Turismo, Chus Campos, na recepción oficial ao Club Ciclista Padronés – Cortizo celebrada no Concello de Padrón co obxectivo de recoñecer os éxitos acadados polos seus deportistas nos 70 anos de historia da entidade.

Durante o acto, tanto o deputado como o alcalde destacaron o traballo constante e a traxectoria do club, un dos referentes do ciclismo na comarca e na provincia, e trasladaron os seus parabéns aos corredores e á directiva, encabezada polo presidente Tanis Vázquez, polo labor desenvolvido e polos seus éxitos deportivos.

Tras a recepción, as autoridades, acompañadas dos ciclistas e representantes da entidade deportiva, desprazáronse á sede do club, onde compartiron un encontro cos membros da entidade e coñeceron de primeira man o seu funcionamento e proxectos futuros.

Antonio Leira salientou o compromiso da Deputación da Coruña co Club Ciclista Padronés, “unha relación que se viu reforzada nos últimos anos cun incremento no apoio económico provincial, o que permitiu consolidar a organización de eventos deportivos de alto nivel como a Clásica de Pascua, unha das probas máis emblemáticas do calendario ciclista galego”, sinalou.

Antonio Leira puxo en valor o Club Ciclista Padronés Cortizo como un exemplo de excelencia deportiva: “Falamos dun club histórico, decano do ciclismo galego, que leva décadas formando talentos e promovendo o deporte con ambición e profesionalidade. Os seus resultados nos últimos anos son impresionantes, con máis de 50 vitorias nunha soa tempada, participación en carreiras internacionais e unha canteira que xa compite na Vuelta a España. Para a Deputación é unha unha gran satisfacción apoiar proxectos así, que sitúan á provincia da Coruña no mapa do ciclismo estatal e europeo.”, afirmou o deputado provincial.

No acto, Anxo Arca entregou ao presidente do club, Tanis Vázquez, unha figura de Sargadelos en “recoñecemento á traxectoria e grande aportación ao deporte padronés” do Club Ciclista Padronés Cortizo.

Pola súa banda, os integrantes do club regaláronlle aos membro do Goberno local e ao deputado provincial o equipamento da presente tempada.

Presidido actualmente por Tanis Vázquez, o Club Ciclista Padronés ten a súa orixe na Peña Ciclista Bernárdez, fundada en 1956 (adoptou o nome actual na década dos 70). É un dos equipos ciclistas máis antigos de Galicia, no que se formaron corredores como Suso Blanco Villar, José Ángel Vidal, José Manuel Oliveira ou Ezequiel Mosquera.

O CC Padronés Cortizo continúa colleitando éxitos na actualidade, como as 28 podios individuais, 23 vitorias individuais e 21 triunfos de equipo nas 50 carreiras disputadas en 2023. A temporada 2024 foi un ano histórico para o Padronés Cortizo, con 60 carreiras disputadas, 51 vitorias individuais, gañadores da Copa de España Élite e Sub-23 e gañadores do Campionato de España en Ruta Sub-23.

Anxo Arca e Antonio Leira puxeron en valor toda esta traxectoria, e felicitaron á directiva, equipo técnico e corredores polo traballo realizado e animáronos a seguir colleitando éxitos tamén este ano.

Trala recepción na Casa Consistorial, as autoridades, acompañadas dos ciclistas e representantes da entidade deportiva, visitaron a sede do club, onde compartiron un encontro cos membros da entidade e coñeceron de primeira man o seu funcionamento. O director deportivo do Padronés Cortizo, Marcos Serrano, ensinoulles as instalacións e explicoulles algúns dos proxectos do club.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.