A Comisión pola Memoria Histórica do Barbanza e o BNG de Ribeira reivindican a Vicente López Novo “Rufino” e aos irmáns Fernández Sendón

10 Setembro 2025

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza e o BNG seguen a xuntar forzas para “continuar co labor de dignificar ás vítimas da represión franquista na nosa comarca”. Segundo confirmaron as dúas entidades, este ano daranse pasos importantes na restitución e na lembranza das persoas asasinadas ou represaliadas polo fascismo, como por exemplo a exhumación de Vicente López Novo “Rufino”, veciño de Ribeira e militante da CNT, asasinado en 1948 pola Garda Civil por loitar na resistencia antifranquista da V Agrupación Guerrilleira de Galicia.

Tamén serán levadas a cabo iniciativas para recuperar a memoria e honrar publicamente aos irmáns Enrique e Manuel Fernández Sendón, tamén de Ribeira, en palabras das dúas entidades “referentes na loita pola liberdade, o pensamento crítico e os ideais republicanos”.

Estes tres nomes, engadiron, representan “o compromiso dunha xeración que deu a vida por unha Galiza libre, xusta e democrática”.

Desde o BNG confirmaron que seguirán a traballar para “que nunca máis se borren da historia os nomes de quen loitou contra o fascismo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.