A Biblioteca Provincial acolleu a entrega de premios aos gañadores do certame #HoxeEscriboEn

26 Setembro 2025

A Biblioteca Provincial acolleu este venres 26 de setembro a entrega de premios do certame #HoxeEscriboEn 2025. A deputada de cultura, Natividad González, entregou os galardóns ás persoas gañadoras: no primeiro posto, Xosé María López Fernández (As Pontes) por O fío no tempo, un relato referido ao mosteiro de Monfero; no segundo, Francisco Ascón Belver (Oleiros), por A tardiña de San Xoán, sobre a praia de Langosteira en Fisterra, e no terceiro Raquel Martínez Rodríguez (Arteixo), por Onde está Velázquez?, sobre as Meninas de Canido en Ferrol.

A deputada de cultura celebrou “o talento literario” de todos os participantes, “que nos vai viaxar a diferentes lugares da provincia a través dunha mirada única e diferente” e puxo en valor o traballo das áreas de cultura e turismo e da Biblioteca Provincial “na posta en marcha deste certame que xa vai pola quinta edición e que cada ano recibe máis relatos”.

O certame #HoxeEscriboEn, convocado polas áreas de Cultura e Turismo en colaboración coa Biblioteca provincial, premia ás persoas gañadoras con estadías e experiencias en cabanas e establecementos rurais da provincia e lotes de produtos representativos de selos de calidade e sustentabilidade.

O obxecto do concurso é o fomento do talento creativo, a animación á escritura e á lectura, e a difusión do patrimonio cultural e turístico dos concellos da provincia da Coruña, contribuíndo a sensibilizar sobre os recursos naturais, culturais e medioambientais de cada un, e a importancia de preservalos.         

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.