A Aula CeMIT de Ribeira informa da apertura do prazo de inscrición para o nivel iniciación do ComDix

10 Setembro 2025

Dende a Concellería de Novas Tecnoloxías de Ribeira infórmase de que mañá xoves día 11 formalizarase a apertura do prazo de inscrición para facer os exames de competencias dixitais (ComDix) nivel iniciación, que no caso de Ribeira terán lugar na Aula CeMIT local os días mércores 29 e xoves 30 de outubro, en 2 quendas, de 10 a 12 horas e de 12 a 14 horas. As inscricións serán só para o nivel iniciación, xa que este ano, por primeira vez, foron separados por meses os niveis: a finais de outubro faranse as probas para a obtención do ComDix Iniciación; e a finais de novembro as do ComDix Intermedio.

Prazo de inscrición para facer o exame COMDIX Iniciación – Do 11 ao 24 de Setembro Días de Exame na Aula CeMIT Ribeira: 29 e 30 de outubro.

Inicio do prazo de inscricións: xoves, 11 de setembro, ás 00:01 horas.

Remate do prazo de inscricións: mércores, 24 de setembro, ás 23:59 horas

Onde inscribirse: na web da Rede CeMIT da axencia autonómica AMTEGA.

Só se permitirá unha inscrición por persoa participante.

O 25 de setembro realizarase o sorteo, publicándose na web 1-2 días despois a listaxe provisional e comunicando por correo electrónico aos participantes os resultados (admitidos provisional, listaxe de reserva, etc).

Unha vez publicada a listaxe provisional abrirase un prazo de 10 días para renuncias e chamamento de reservas para cubrir as prazas das persoas que comuniquen a non asistencia.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.