A andaina solidaria Aguiño contra o Cancro chega á súa terceira edición este 7 de setembro

06 Setembro 2025

O concelleiro informou que esta terceira andaina solidaria vaise celebrar este domingo día 7 de setembro no porto de Aguiño a partir das 19:30 horas, e que o traxecto será semellante ás das anteriores edicións, polo paseo de Couso-Penisqueira e Muralla. Vidal falou do importante de estas iniciativas, “para fomentar o deporte, evitar o sedentarismo e facer comunidade”. E o principal, dixo, “facemos un chamamento para que a xente acuda o 7 de setembro porque todo o que se recade será destinado para a investigación desta enfermidade”.

O concelleiro de Deportes rematou agradecendo o labor continua da Asociación contra o Cancro de Ribeira e fixo referencia ao pobo de Aguiño, “que demostrará unha vez máis esa forza solidaria que o caracteriza”.

Pola súa banda María José Carreira agradeceu ao concelleiro por colaborar sempre con todas as accións que vén desenvolvendo a asociación e continuou salientando “que esta non é unha andaina da Asociación Española contra o Cancro, esta é unha andaina do pobo de Aguiño, unha andaina do club de fútbol Xuventú de Aguiño, da Asociación Francisco Lorenzo, da Confraría de Pescadores de Carreira-Aguiño e como non, de todo o pobo e todas esas persoas –máis de 400– que veñen participando nas anteriores edicións”.

Carreira valorou a importancia de xuntar sinerxías entre entidades e sinalou que haberá sorpresas. De feito, quixo desvelar a primeira na propia convocatoria que foi a persoa homenaxeada deste ano: “Imos render tributo a unha persoa moi especial, unha persoa de Aguiño que loita a tempo completo pola súa vila e que soubo levar con moita discreción, con moita forza, optimismo e vitalidade compaxinar a súa doenza co seu traballo; esta persoa é José Antonio Santamaría, o patrón maior do pósito de Aguiño”.

O patrón maior non disimulou a súa sorpresa e emoción pola nova e tomou a palabra a continuación dando as grazas á propia asociación pola homenaxe e polo labor que fan “xa que hai xente que tira para diante coa enfermidade pero hai outras que precisan a axuda de asociacións coma a que representades; o máis importante o darse conta de que non estamos sós, de ter ao lado a alguén que bota unha man que tire para diante ou que fai cousas coma estas que unen ao pobo”.

A presidenta da Asociación Lorenzo Mariño valorou a colaboración continua dende a primeira edición da andaina solidaria, e tamén quixo pór en valor “que esta andaina se faga entre diversos colectivos de Aguiño que nos xuntamos todos e todas para que sexa unha das andainas máis multitudinarias que hai dentro do concello”. Tamén tivo palabras para o homenaxeado “porque José Antonio visualizou dende o comezo que o pósito é algo máis que adicarse aos labores da pesca; que forma parte do pobo, e que os pósitos naceron tamén para vertebrar e mellorar á sociedade, foron quen de traer as escolas e médicos e Xosé Antonio traballa nese mesmo senso loitando pola mellora do pobo de Aguiño”.

Para rematar, María José Carreira deu tamén as grazas ás grandes e pequenas empresas que apoian esta actividade. Informou dos prezos que serán de 5 euros pola andaina máis 5 euros pola camiseta que será opcional.

Inscricións previas: 630 25 24 26 – 630 92 14 46, na sede local e na propia andaina.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.