A AER reparte 500 euros en vales de compra e lotes de material escolar (campaña Volta ao Cole)

03 Setembro 2025

A Asociación de Empresarios de Ribeira (AER) vai acompañar o remate das vacacións e a volta aos estudos dunha nova campaña destinada a facilitar ás familias o inicio da costa arriba do mes de setembro. Así, a campaña Volta ao Cole virá con 500 euros en vales de compra e lotes de material escolar. Ademais, haberá cinco premios extra para familias numerosas (para compras superiores a 10 euros). As persoas interesadas en entrar no sorteo deben rexistrar os seus tíckets de compra na páxina web da asociación ou mediante o código QR do cartel. A campaña desenvolverase do 4 de setembro ao 21 do mesmo mes, sendo o 22 o día do sorteo. A campaña está co-financiada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.