Venres 29, xornada con ceos nubrados, chuvascos febles e lixeiro ascenso das temperaturas

28 Agosto 2025

A circulación de compoñente oeste manterase durante esta xornada do venres 29, Santa Sabina, o que traerá consigo unha masa de aire morno pero húmido.

Con esta situación, agárdanse ceos nubrados e precipitacións febles, máis probables nas provincias atlánticas, aínda que de xeito ocasional tamén poderían chegar a puntos illados de Ourense e Lugo.

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que os ventos soprarán do oeste, en xeral frouxos, con intensidade moderada e intervalos fortes no litoral norte.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste, forza 2 a 3 á mañá e 1 a 3 á tarde e á noite. Mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.