Venres 15, con ceos despexados e brétemas costeiras nas Rías Baixas e Santiago

14 Agosto 2025

A xornada do venres, festividade da Asunción da Virxe María, presentarase cunha situación meteorolóxica pouco definida, marcada por unha baixa relativa ao oeste de Galicia que favorecerá a circulación de ventos do sur e a chegada de humidade dende o Atlántico.

Nas Rías Baixas e na área de Santiago, agárdanse ceos pouco nubrados ou despexados, aínda que poderán aparecer brétemas costeiras, máis persistentes a primeiras e últimas horas do día.

As temperaturas experimentarán un descenso moderado nas Rías Baixas, mentres que en Santiago se manterán sen cambios respecto a xornadas anteriores. O vento soprará de compoñente sur, en xeral frouxo, con intervalos moderados en zonas altas.

meteogalicia

O noso mar; Vento do sudoeste á mañá e á tarde e do noroeste á noite, forza 2 a 4 á mañá e 1 a 2 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e mar rizado á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros á mañá, 0.5 a 1 metros á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.