A taxa de criminalidade convencional en España sitúase -segundo datos oficiais- en 41 delictos por cada mil habitantes (0,6 na banda máis baixa da serie histórica), unha das máis baixas do mundo. Evidencia esta cifra que a criminalidade total rexistrada policialmente en España decreceu porcentualmente un 2,8%. A taxa de cibercriminalidade establécese en 9,5 delictos por mil habitantes.
Barcelona encabeza a lista das cidades máis inseguras de España cunha taxa de criminalidade de 8,56 delictos por cada 100.000 habitantes.
A listaxe das cidades máis perigosas de España está encabezada por aquelas que rexistran un maior número de delictos, desde roubos e furtos ou delictos contra a vivenda ata agresións: Barcelona, Madrid, Sevilla, Valencia, Málaga, Palma de Mallorca, Bilbao, Alacante, Zaragoza e Granada.
O último balanzo de criminalidade publicado polo Ministerio de Interior sitúa á comunidade autónoma de Galicia no terceiro posto a nivel estatal cunha taxa de 35,6 delictos por cada 1.000 habitantes, moi por baixo da media española, que se sitúa case que 15 puntos por riba.
Estas cifras reflicten unha tendenza de estabilidade na criminalidade, sen grandes variaciñóns en comparanza cos trimestres previos: no segundo trimestre deste ano, un 44,5% dos delictos coñecidos en Galicia foron esclarecidos, o que supón a mellor cifra dos últimos oito anos e unha suba de catro décimas a respecto do balanzo do primeiro trimestre de 2025.
Entre xaneiro e xuño contabilizáronse en Galicia un total de 47.459 infraccións penais, cifras semellantes as do mesmo periodo do ano anterior.
A análise do Ministerio do Interior apunta a unha redución na maioría das tipoloxías de delincuencia tradicional.
Esta situación contrasta coa que determinados partidos políticos semellan empeñados en evidenciar sen ningún rigor na súa veracidade.



