Tres toxinas distintas manteñen pechados a metade dos polígonos bateeiros de Galicia

26 Agosto 2025

Os mariscadores volven faenar na ría de Muros-Noia, onde a toxina impide sacar mexillón de dúas zonas

Antón Luaces.- Os bancos marisqueiros e, en maior medida, a metade dos polígonos bateeiros de Galicia permanecen pechados. A ría máis afectada é, polo de agora, a de Pontevedra, afectada pola toxina diarréica. Os expertos coidan que se trata de episodios normais, e afirman que os produtos que chegan aos mercados para o seu consumo son seguros.

Afectan asimesmo aos bancos marisqueiros, ainda que en menor medida. Neste caso, o 70%  permanecen abertos.

A directora de Intecmar, Covadonga Salgado, explicou que a toxina amnésica “ten unha evolución moi rápida, o que leva a realizar mostraxes todos os días, o que permite  evolucionar de xeito rápido ben para abrir as zonas ou ben en caso de se confirmar para pechalas”.

No caso dos poligonos bateeiros o 50% dos peches son cautelares.

A presenza destas toxinas non resulta, nen moito menos, un fenómeno extraordinario. Para os expertos estamos diante de episodios cotiáns cuxos controis diarios garanten a seguridade alimentaria.

Amáis do mexillón a prohibición de extracción aféctalle á  captura de ameixa,  do longueirón e do berberecho.

Un caso distinto sería a afectación das rías polos vertidos a estas das cinzas dos montes queimados nas últimas semanas,  polo arrastre das mesmas a causa das choivas que se prevén para estes días en boa parte da comunidade galega.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.