Tres establecementos de Rianxo acadaron en 2025 o selo SICTED

10 Agosto 2025

Rianxo segue a dar pasos adiante en materia de turismo de calidade e sostíbel, segundo confirmou estes días o alcalde Julián Bustelo, facendo saber que este ano acadaron o selo de calidade SICTED a Casa Río da Grenla, o Restaurante Casa Isolina, o Club Náutico Rianxo, así como os taxis número 2, 4, 5 e 6.

Estas empresas e establecementos súmanse a Casa Rural Laxido, Restaurante Curral do Marqués, Aldea Os Muíños, Turnauga, Camping Rianxo, a vivenda vacacional Trisquel e A Vaca Marela, os cales xa acadaran os distintivo en anos anteriores.

Ademais, a Oficina de Turismo do Concello de Rianxo, o Museo do Mar e a Policía Local contan tamén xa con este selo de calidade.

En Barbanza-Arousa (Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira), un total de 69 empresas e servizos turísticos de 18 oficios diferentes superaron finalmente a avaliación do ano 2025 do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED), sumando 23 aos 46 servizos e empresas que renovaban o distintivo.

SICTED

O SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo co apoio da FEMP, que traballa con servizos turísticos de ata 37 oficios diferentes, podendo participar todos os establecementos que se atopan no círculo do consumo do turista como transporte, aloxamento, restauración, comercio ou axencias de viaxes entre outras.

O obxectivo último é mellorar a experiencia e satisfacción do turista; mais para os servizos turísticos que decidan adherirse ofrece beneficios tales como mellorar a xestión interna, dispoñer dunha referencia para mellorar o seu traballo, incrementar a cualificación do persoal, compartir experiencias con empresarios do mesmo sector, participar no maior proxecto de calidade turística desenvolto en España con máis de 9.000 servizos turísticos participantes ou optar a un distintivo que acredita o nivel de calidade turística, recoñecendo o esforzo realizado a nivel nacional e internacional.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.