“Traballadoras de axuda a domicilio” – José Manuel Pena

05 Agosto 2025

Son traballadoras esenciais para a atención e o coidado das persoas en situación de dependencia. As auxiliares de axuda a domicilio realizan as actividades da vida diaria e a atención doméstica (limpeza, hixiene, comida…) das persoas maiores ou dependentes, todo iso nunhas condicións de emprego precarias e con salarios inferiores á maioría dos profesionais.

A maioría destas traballadoras foron vítimas ou sufriron violencia verbal, sexual ou física así como acoso sexual, con demasiada frecuencia. Carecen dos adecuados protocolos de atención e teñen moita dificultade para avaliar os riscos laborais aos que están expostas. Sofren tensión, malestar físico e psíquico como consecuencia da excesiva sobrecarga de traballo, que non son tratadas por unha falta de mellora na comunicación e a coordinación do servizo.

A maioría de domicilios non están adaptados e non dispoñen de axudas mecánicas adecuadas, como guindastres, camas, duchas ou aseos que lles prexudican nos seus traballos. Realizan esforzos e movementos que non terían que executar porque atentan contra a Lei de Prevención de Riscos Laborais pero que, por necesidade económica, non teñen máis remedio que resignarse e poñer en risco a súa propia saúde física.

As Administracións Públicas, principalmente a Xunta de Galicia e os Concellos, teñen que adoptar medidas urxentes para garantir un traballo axeitado e digno para todas esas traballadoras esenciais, evitando que continúen sufrindo violencia, mesmo que esta poida acabar coas súas vidas como ocorreu recentemente na localidade de Porriño.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.