Todo listo para as Festas de San Bartolomeu 2025, que arrincan o venres 22 co pregón da Banda de Música de Noia

11 Agosto 2025

O concelleiro de Cultura de Noia, José Pérez, vén de compartir nas redes o programa principal das Festas de San Bartolomeu 2025. Haberá actuacións musicais para tódolos públicos, orquestras e música DJ a cargo de Disco Móbil Chocolate.

O pregón deste ano virá da man da Banda de Música de Noia, que celebra os seus 135 anos de historia. Celebrarase o venres 22 na Alameda. Logo do pregón haberá concerto de La Oca no mesmo emprazamento (Alameda) un concerto de estilo rock latino a partir das 23.30 horas (pendente de confirmar).

O sábado 23 de agosto os protagonistas serán Óscar Ibañez & Tibo (na praza do Tapal a partir das 21.30 horas) e a Orquestra París de Noia (na Alameda ás 22.30 horas).

O domingo 24 de agosto, Día de San Bartolomeu, a música virá da man da Orquestra Tubo (na Alameda ás 21.00 horas) e dos muradáns The Rapants (no Tapal a partir das 22.00 horas).

O luns 25 de agosto, Día de San Lois, actuarán a Orquestra Combo Dominicano (na Alameda ás 21.30 horas) e Disco Móbil Chocolate (na Alameda ás 23.30 horas).

O martes 26 a vertente musical virá da man de A Misela (ás 21.00 horas no Curro) e da Orquestra Marbella (ás 22h na Alameda). Ás 0.00 será a quenda dos fogos artificiais, dende o peirao do Marqués.

O venres 29 de agosto celebrarase o Entroido de Verán e o domingo 31 a Escola de Danza Oitos representará o espectáculo As Portas do Mar (ás 20.00 horas no Coliseo Noela).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.