“Terrorismo” – Xulio Xiz

19 Agosto 2025

Chámase terrorismo aos actos de violencia executados para infundir terror e, por extensión, aos de grupos ou individuos que, pola súa violencia, inciden gravemente na convivencia. Por iso se fala de terrorismo cando unha persoa ou grupo orixina voluntariamente incendios forestais que poñen en grave perigo propiedades e vidas, e causan zozobra e dor colectivos. Os incendiarios poden ser descoidados ou delincuentes, pero o terror orixínano por igual.

Cando hai moitos anos eu preguntaba aos meus parentes das terras de Ourol polas causas dos incendios, nin coa confianza se aclaraban, pero viñan indicar que todos coñecían quen queimaba o monte. Daquela quedaba moi preto o terrorismo de estado que roubou os montes comunais, ateigados de gando dos labregos, para plantar pinos e multar a quen atentase contra eles. Daquela estaba a producirse o terrorismo pacífico de facer – por convicción – que as xentes das aldeas se fosen para as cidades para mellorar de vida.

Os nosos veciños abandonaron as aldeas e os montes, que quedaron a bravo, e hoxe arden porque perdemos o agarimo colectivo por un monte que non é noso; e que se é noso, xa non vale nada.

Miles de hectáreas ardidas dinnos que a prevención custaría moito menos que a dificilísima extinción; pero tamén tentan indicarnos que un rural habitado, querido, respectado, valorado, ardería moito menos e faría progresar o país.

O terrorismo pacífico dos cincuenta e sesenta, fixo e fai onte e agora arder os montes. Agora mesmo, o problema é de extinción. En canto estes fogos se apaguen, ten que empezar a prevención, a educación, o diálogo, a valoración, a política en fin.

Outros artigos

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

“Os fíos de Bayeux”. Xosé Antonio López Silva

“Os fíos de Bayeux”. Xosé Antonio López Silva

Hai case mil anos, unhas mans anónimas de muller pasaron agullas e fíos de lá por un lenzo de liño para narrar a última invasión de Inglaterra, a de Guillerme o Conquistador, no 1066. Case setenta metros de bordado, máis de seiscentas figuras humanas, cabalos, naves,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.