San Ramón preparase para o seu día grande

25 Agosto 2025

Bealo celebra entre o 29 de agosto e o 7 de setembro as súas festas de San Ramón coa tradicional romaría con máis de 260 anos de historia. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou este luns 25 de agosto na presentación do programa das festas xunto con Alexandra Bermúdez e Ismael Rial, membros da comisión de festas.

As actividades comezan o venres 29 co San Ramón Fest que contará cos DJ Marcos Kintana e disco móbil Pirámide XL. Xa o sábado 30 celebrarase a subida dos santos da Igrexa a San Ramón ás 12.00 horas e misa na honra de San Gregorio. Pola noite verbena con Kalima, disco móbil Pirámide XL e DJ Marcos Kintana e DJ Tito Maverick.

O domingo será o día grande de San Ramón coa romaría popular. Haberá misas rezadas dende as 9 da mañá ata as 13.00 horas que terá lugar a misa cantada, e tamén unha sesión vermú coa orquestra Escaparate, e pola tarde baile tradicional don Abeloura e Xilbarbeira. Pola noite comezará a verbena con Escaparate e Alkar.

O programa das festas continúa o luns coa verbena a cargo de Alianza e Compostela; o martes con Trébol e JB Son e o mércores broche final con París de Noia e Unión y Fuerza. Como é habitual o programa de actividades de San Ramón remata o domingo 7 de setembro co San Ramonciño pequeno onde haberá polbo e viño a prezos populares, música tradicional e actividades para nenos e nenas.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, agradeceu “o gran traballo que leva a cabo a comisión de festas para continuar con estes festexos que teñen máis de 260 anos de historia e son uns dos máis importantes do noso concello xa que despertan un gran sentimento en toda a veciñanza”.

Programa

Venres 29 de agosto 

San Ramón Fest con DJ Marcos Kintana e disco móvil Pirámide XL 

Sábado 30 de agosto 

12.00h – Subida dos santos da Igrexa a San Ramón 

12.30h – Misa cantada na horna de San Gregorio

21.00h – Novena e misa na honra de San Ramón

Verbena con Kalima, disco móvil Pirámide XL e DJ Marcos Kintana e DJ Tito Maverick 

Domingo 31 de agosto 

9, 10, 11 e 12h – Misas rezadas 

13.00h – Misa cantada

Sesión vermú coa orquestra Escaparate

19.30h – Baile Abeloura e Xilbarbeira 

Verbena con Escaparate e Alkar 

Luns 1 de setembro

12.00h – Misa cantada

Verbena con Alianza e Compostela 

Martes 2 de setembro

12.00h – Misa cantada 

Verbena con Trébol e JB Son 

Mércores 3 e agosto 

12.00h – Misa cantada 

Verbena con Paris de Noia e Unión y Fuerza 

Domingo 7 e agosto 

12.00h – Misa cantada 

Grupo de gaitas 

Polbo a prezos populares

16.00h – Actividades para nenos

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.