Rois celebra o XX Día da Bici o 13 de setembro cun percorrido máis curto para favorecer a participación infantil

19 Agosto 2025

O Concello de Rois organiza o sábado 13 de setembro o Día da Bici, unha cita deportiva e de convivencia que alcanza a súa vixésima edición.

Como novidade respecto a anos anteriores, a marcha trasládase á mañá da dita xornada e reducirá o seu percorrido de 19 a 12 quilómetros, co obxectivo de que máis nenos e nenas e familias ao completo se animen a participar nesta festa do ciclismo.

A saída está prevista ás 11.00 horas desde o Polideportivo Municipal, punto de partida e chegada do percorrido.

A ruta pasará por Oín, A Peruca, Lamego, A Meana, Seaxe e O Casal ata chegar á praia fluvial de Seira, onde será habilitado un punto de avituallamento. O regreso farase por Seira, Oín e Antequeira, finalizando no Polideportivo de Rois.

A participación é totalmente gratuíta e as persoas interesadas poderán facer a súa inscrición o propio día da proba, de 9.45 a 10.45 horas no polideportivo municipal. A organización lembra a importancia de que cada participante leve casco obrigatorio durante toda a ruta.

Ao rematar o percorrido, realizarase un sorteo de agasallos, entre os que se inclúe unha bicicleta, e entregaranse recoñecementos especiais ás persoas ciclistas de maior e menor idade que tomen parte no evento.

O XX Día da Bici no Concello de Rois é posible grazas á colaboración da Deputación da Coruña, o Club Ciclista Padronés Cortizo, Froiz, Gadis, o Restaurante Pedra Santa, AdeMario e Protección Civil Terras de Iria.

Dende o Concello de Rois anímase á veciñanza a participar nesta xornada aberta a todas as idades, que combina deporte, natureza e diversión en familia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.