Ribeira, enfila o ecuador das festas de verán

01 Agosto 2025

Ribeira enfila o ecuador das festas do verán e así este venres 1 de agosto haberá actuación da Coral Polifónica Municipal ás 13:00 horas na Porta do Sol. Xa pola noite, ás 23:00 h, será a quenda dos concertos de Huecco e Galician Army na explanada da Lonxa Vella, mentres que en paralelo tocará a Orquestra New York en Bandaorrío.

O sábado 2 comezará cunha actividade infantil a cargo de Agape na Praza do Concello e unha mostra de pintura ao vivo na rúa Galicia organizada por O Faiado. Ás 11:30 h celebrarase o mercadillo solidario A Creba, e ás 13:00 h actuarán os alumnos de PoPs School na Porta do Sol.

Pola tarde terá lugar a Misa Solemne na honra da Virxe do Carme e a tradicional Procesión Marítima, coa colaboración da Asociación Alfaia e as Amas de Casa. Á noite, a música volverá ser protagonista: Son de Camawey traerá a esencia da música cubana a Bandaorrío, seguido do tributo a Andrés Calamaro coa banda Alta Honestidad, mentres que na Praza de España actuará a Orquestra Marbella.

O broche de ouro chegará o domingo 3 de agosto coa tradicional Gran Sardiñada no Parque de Avesadas desde as 13:30 h, animada polo grupo local Drippers. Pola tarde, desde as 18:00 ata as 21:00 h, celebrarase a sesión DJ “Remember Callejón” con música dos anos 80 e 90 preto do Museo Municipal. Finalmente, ás 22:00 h tocará a Orquestra Platinum no Malecón, que dará paso ao esperado Combate Naval e a espectacular queima de fogos artificiais á medianoite.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...