Ribeira conta este mércores con servizos mínimos na folga do Servizo de Axuda no Fogar, SAF

13 Agosto 2025

Ribeira conta este mércores cos servizos mínimos pola folga do SAF. Así o confirmou o alcalde, Luís Pérez Barral, informando da actividade limitada que se está a achegar á cidadanía ante a folga prevista en Galicia para este 13 de agosto. O rexedor manifestou a importancia deste servizo que definiu de “básico e elemental para o coidado das persoas maiores”. Dito servizo foi creado hai 16 anos, en concreto no ano 2009. Pérez Barral salientou que o SAF supón unha “competencia impropia da administración local”, argumentando que non deberían ser os concellos os que estean administrándoa: “O SAF implica un custo que repercute nas arcas públicas municipais, no caso de Ribeira supón máis de medio millón de euros anuais que debemos poñer de fondos propios”. O alcalde tamén deixou claro que segundo a propia lei esta competencia debería asumila a partes iguais, o Estado e a Xunta de Galicia.

Pérez Barral tivo palabras para as traballadoras do SAF, concretamente lembrou a traballadora asasinada no concello do Porriño: “O sucedido lévanos
ás administracións locais a esixir que a Xunta de Galicia volva recuperar a necesidade de elaborar os informes técnicos que avalíen en que domicilios se poden facer estes servizos e tamén con que prestacións porque as traballadoras de axuda no fogar deberían ter tódalas garantías de seguridade e tamén ver melloradas as súas condicións laborais”.

Barral informou tamén que dende a Federación de Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) está en conversas coa Xunta de Galicia, “para equipar o custo real do servizo porque ata do agora a Xunta está dando 12 euros aproximadamente por hora e o custo real do servizo pasa dos 22 euros”. En
resumo, estase a reclamar que se cumpra a Lei de Dependencia que “significa que as dúas administracións –Estado e Xunta– se comprometan a financiar este servizo esencial para a cidadanía.

Con respecto á folga, anunciou que o Concello de Ribeira asinou un decreto para poder garantir uns servizos mínimos –aseo, alimentación e
mobilidade– e que os horarios poden verse alterados pola propia folga.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.