Ribeira celebrará un Pleno Extraordinario para aprobar investimentos nas parroquias e festivos locais de 2026

08 Agosto 2025

O Concello de Ribeira celebrará o vindeiro xoves 14 de agosto un Pleno Extraordinario no que se abordarán cuestións de especial relevancia para o municipio, entre elas a aprobación de investimentos por valor de 520.000 euros nas parroquias e a fixación dos festivos locais para o ano 2026. A alcaldía propón fixar como festivos o 24 de xullo, Festa da Dorna, e o 17 de febreiro, Martes de Entroido.

Segundo informou o alcalde, Luís Pérez Barral, o primeiro punto da orde do día será a aprobación dun paquete de sete actuacións destinadas a mellorar os servizos públicos nas parroquias. En concreto, está previsto levar a cabo:

  • Seis novas pavimentacións de estradas,
  • Catro intervencións na rede de saneamento, e
  • Dúas ampliacións do abastecemento de auga potable.

O rexedor destacou que estes proxectos supoñen un investimento extra respecto ao orzamento inicialmente previsto para este ano, e subliñou o compromiso do goberno local coa mellora da calidade de vida no rural.

“Estas actuacións reflicten o noso obxectivo de seguir reforzando os servizos básicos nas parroquias e avanzar na igualdade de oportunidades para toda a veciñanza”, sinalou Pérez Barral.

Outro dos asuntos clave que se tratarán será a proposta da Alcaldía para os festivos locais de 2026, que serán:

  • O 24 de xullo, coincidindo coa Festa da Dorna, e
  • O 17 de febreiro, correspondente ao Martes de Entroido.

Ambas datas contan cun forte arraigamento social e cultural, e a súa elección responde á demanda da veciñanza, así como dos sectores da hostalaría e o comercio. A Festa da Dorna está recoñecida como celebración de interese turístico, mentres que o Entroido é unha das citas máis tradicionais do inverno.

O Pleno desenvolverase en horario de tarde no Salón de Sesións da Casa do Concello. Ademais, na mesma xornada tamén se celebrará o pleno solicitado por dous grupos municipais para tratar a Modificación número 2 das bases de execución do Orzamento.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.