Ribeira anuncia axudas para a autonomía persoal e accesibilidade de fogares

12 Agosto 2025

O rexedor de Ribeira, Luís Pérez Barral, o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, a coordinadora dos Servizos Sociais do Concello, Francisca Vidal, e a educadora social, Elena Calo informaron das novas axudas para a autonomía persoal e accesibilidade da Administración local.

O Concello de Ribeira habilitou unha partida de case 22.000€ para destinar a persoas empadroadas no municipio que teñan recoñecida a dependencia ou a discapacidade e necesiten adquirir ou alugar material técnicas ou realizar adaptacións funcionais no fogar, “na procura da súa autonomía persoal e dereito a accesibilidade e, polo tanto, favorecer unha vida o máis autónoma posíbel dentro das circunstancias persoais de cada individuo e mellorar a calidade de vida das persoas beneficiarias das axudas”, informaron.

Mariño resaltou a importancia destas axudas e dende a súa experiencia de farmacéutico e ortopédico deixou constancia de que estas axudas técnicas “por exemplo, facilitarán unha maior accesibilidade ao fogar, unha maior accesibilidade ao baño, tamén para poder mercar cadeiras de ducha, próteses dentais, audiófonos ou andadores. Tamén están contempladas as axudas para o acceso a camas hospitalarias cuns carros elevadores para facilitar o traballo diario do coidador ou coidadora”. O concelleiro rematou sinalando que unha vez que todo isto se desgrose, “vai ser moi importante para os veciños e veciñas e facilitará máis a súa vida diaria”.

O alcalde, Luís Pérez Barral, resaltou que estes apoios van facer que Ribeira teña por primeira vez, en colaboración coa Deputación da Coruña, axudas co obxectivo de “gañar calidade de vida para a poboación dependente, con enfermidades que precisan a adaptación no fogar”. O alcalde anunciou que hai 3 tipos de axudas: a primeira corresponde a axudas técnicas ou produtos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria tales coma camas hospitalarias, andadores, cadeiras de ducha, barras de apoio para o baño, entre outras; a segunda corresponde ás adaptacións funcionais do fogar e eliminación de barreiras arquitectónicas máis en loxística de comunicación no interior da vivenda e no exterior se é de uso privativo; e finalmente unha terceira que corresponde á adquisición de audiófonos e próteses dentais.

O custe das mesmas serían ás axudas técnicas cunha contía máxima subvencionábel de 1500€; nas adaptacións no fogar e eliminación de barreiras arquitectónicas unha contía máxima subvencionábel de 2000€; e finalmente para a adquisición de audiófonos ou próteses dentais sería unha contía máxima subvencionábel de 600€ e 300€ respectivamente.

O alcalde rematou mostrando a satisfacción de poder sacar por vez primeira un tipo de axudas neste sentido: “Esperemos que poida chegar a moitos fogares e iremos analizando nas futuras edicións; se é preciso incrementar este tipo de axudas ou de ir adaptando e facendo modificacións que vaian suxerindo as persoas preceptoras destas axudas”.

A coordinadora dos Servizos Sociais informou que se poden consultar as bases de convocatoria na páxina web do Concello, ribeira.gal, pero recomenda ás persoas interesadas que se dirixan ás dependencias dos Servizos Sociais porque con base a este programa contratouse unha profesional, Elena Calo, “que estará reforzando este programa para o asesoramento e axuda para cumprimentar este tipo de expedientes para que as persoas non teñan tanta dificultade á hora de presentar a documentación”. Francisca Vidal deixou constancia que estas axudas non son só están pensadas para persoas maiores dependentes, “tamén foron concibidas para a atención á diversidade; calquera axuda técnica para a súa formación ou vida diaria…”.

Vidal destacou que o prazo para solicitar as axudas é de 2 meses, a contar dende o 1 de agosto de 2025 ao 1 de outubro de 2025 pero os gastos se poderán computar dende o 1 de xaneiro. Para finalizar reseñaron que nas axudas tamén poderase computar alugueiros de aparellos ou servizos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...