Ribeira acollerá unha conferencia sobre o papel de España na independencia dos Estados Unidos

12 Agosto 2025

Este xoves, 14 de agosto, ás 11:30 horas, o Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira acollerá unha conferencia baixo o título “España na independencia dos Estados Unidos”. O relatorio será impartido polo doutor en Historia e Arqueoloxía Jorge Luis García, profesor na Texas Lutheran University e autor de diversas obras de investigación, entre elas Presidio. Soldiers of the King in New Mexico e Presidio. The Documented History of the Northern Frontier.

O acto organizado por la Asociación Cultural Héroes de Cavite en colaboración co Concello de Ribeira, pretende achegar ao público o papel, a miúdo pouco coñecido, que desempeñou España no proceso de independencia das Trece Colonias fronte á Coroa británica a finais do século XVIII. García abordará aspectos como o apoio militar e financeiro prestado por España, a participación de figuras clave como Bernardo de Gálvez e a influencia das rutas comerciais e dos territorios coloniais hispanos na vitoria final.

A entrada será gratuita e de carácter non lucrativo, con aforo limitado a 55 persoas. Segundo a organización, o obxectivo é que esta cita sexa accesible para todo tipo de público, sen necesidade de ter coñecementos previos especializados, favorecendo así a participación cidadá e a difusión dunha parte da historia internacional na que España xogou un papel decisivo.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.