Portos e o Concello do Son avanzan na habilitación de novas instalacións para os peiraos do termo municipal

14 Agosto 2025

Portos de Galicia e o Concello de Porto do Son veñen de tratar os proxectos e obxectivos en común para “o correcto e óptimo funcionamento” dos espazos portuarios que ambas administracións teñen en común. Así o fixeron nunha reunión celebrada recentemente entre o presidente do ente público, José Antonio Álvarez, e o alcalde do municipio coruñés, Luis Oujo, na sede do organismo portuario.

No encontro Álvarez deu conta da adxudicación das obras de mellora do abrigo e a ampliación de atraques en Portosín, por un importe de máis de 2 millóns de euros, que se agarda que comecen nas vindeiras semanas e contan cun prazo de execución de 9 meses.

A reunión co Concello de Porto do Son dá continuidade ás xa celebradas con diferentes mandatarios aspectos de diversa índole con respecto á planificación portuaria e na crecente relación de convivencia das vilas mariñeiras cos espazos portuarios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.