“Perdérono todo. Mesmo as lembranzas, agora cubertas de cinzas” – Antón Luaces

31 Agosto 2025

O lume foi implacable este verán con Galicia. Nunca tanto queimou en tan poucos días e nunca ata o de agora arrasara o lume tantos sentimentos. Nunca arderan  a eito casas, aldeas, leiras e montes. 

Non, nunca a sinfonía do lume soara tan tráxica na verde terra dos mil ríos á que cantou o Rivas desde o papel convertido en partitura con clave de Sol. E a “música do lume” por primeira vez cheirou a traxedia neroniana en Chandrexa de Queixa, en Larouco, en Oimbra, en Xinzo, ecoando nos cavorcos abandonados polas arroiadas un día, plenas de troitas brincadeiras e hoxe sombrizo paraxe enfermo e carente da viveza necesaria polos medos renacidos, herdados daqueles outros provocados polos contrabandistas para que a Garda Civil acudira aos montes e as praias quedaran libres da súa presenza para eles descargaren o Winston de batea convertido posteriormente en droga asasina, sen nai. 

Este verán de tres fatídicas semanas, Galicia foi unha pura engurra de terra ferida, de terra queimada, de bagazo seco, de tremores internos e pregos á Virxe Nosa Señora para que, cando menos, o ceo botara unha man húmida de choiva coa que aplacar o lume que nos queimou e que xa, por fin, “está controlado” ou extinguido.   

O que falta é a cuberta que cubra o manto de cinza acumulada para que esta non incremente no mar o dano xa feito en terra. Porque hai medo aos estragos que esa cinza pode causar nas rías, especialmente nas de Arousa e Muros-Noia, as máis importantes para o marisqueo e a pesca. Esa cuberta é trascendental no que atinxe á fixación da capa vexetal básica para a rehabilitación dos montes queimados. 

E con todo este traballo a rehabilitación, tamén, das ideas e os plans da administración autonómica para que, superada a actual situación, non se repitan posteriormente os erros cometidos no que, específicamente, ten que ver co coidado dos montes e, en concreto, a atención que estes merecen diante da defensa contra o lume.

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

+

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.