Padrón organiza a “Caravana da Irmandade” a Arjonilla para celebrar o seu irmandamento

20 Agosto 2025

O Concello de Padrón organiza os días 26 e 27 de setembro a Caravana da Irmandade a Arjonilla, unha viaxe coa que se quere celebrar e consolidar o irmandamento asinado entre ambos municipios o pasado 4 de xullo arredor da figura literaria de Macías o Namorado, trobador medieval nacido en Padrón e falecido en Arjonilla.

Sinatura do Irmandamento e intercambio de agasallos

A iniciativa supón unha viaxe individual da veciñanza padronesa cara ao municipio xienense, símbolo de unión e amizade entre pobos. Cada persoa parte libremente para rematar co programa común de actividades que teceron os seus concellos. A Oficina de Turismo de Padrón prestará asesoramento a todos os padroneses e padronesas que desexen tomar parte nesta experiencia cultural única.

Ofrenda cunha coroa de loureiro na estatua de Macias no Xardìn Botánico. Actuación sorpresa de Suso Martìnez

Unha representación da Corporación municipal, encabezada polo alcalde Anxo Arca, tamén formará parte da comitiva padronesa nesta viaxe, reforzando así o vínculo institucional entre ambos concellos.

Programa de actividades

O venres 26 de setembro está previsto o acto oficial de irmandamento en Arjonilla, seguido dunha visita ao Palacio Marqués de la Mercé e dunha comida institucional. Pola tarde, as persoas participantes coñecerán a Almazara García Morón, onde se realizará unha cata de aceite, e disporán de tempo libre para gozar do Mercado medieval de Arjonilla.

O sábado 27 de setembro o programa inclúe unha visita guiada polo patrimonio histórico-cultural de Arjonilla, así como un obradoiro artesanal de cerámica no taller de Manuel Bejarano Zafra. A xornada rematará de novo no Mercado Medieval, que ambientará as rúas da vila.

Prazo e inscricións

O prazo de inscrición remata o luns 8 de setembro. As persoas interesadas deben dirixirse á Oficina de Turismo de Padrón (Avda. Compostela s/n, 15900 Padrón), chamar ao teléfono 646 593 319 ou enviar un correo a: turismo@padron.gal.

Un proxecto de irmandade cultural

O irmandamento entre Padrón e Arjonilla foi rubricado o pasado mes de xullo polos alcaldes Anxo Arca e Luis Miguel Carmona como un acto de compromiso cultural e de posta en valor dun legado histórico e literario compartido.

Durante aquel acto, celebrado en Padrón, ambos rexedores destacaron que a figura de Macías o Namorado actúa como “ponte entre os dous pobos” e que esta unión servirá para “seguir cultivando a amizade sincera, a cultura e o respecto mutuo”.

Con esta Caravana da Irmandade, o Concello de Padrón busca “implicar á súa veciñanza neste proxecto común, reforzando a cooperación cultural e social entre as dúas vilas”.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.