“Outra vez arde Galicia. Quen e por que a queima?. Antón Luaces

13 Agosto 2025

Estímase que, desta vez, o territorio queimado en Galicia supera en só esta semana as 4.000 hectáreas. Só o incendio do pasado luns en Chandrexa de Queixa (Ourense) (3.000 hectáreas) xa superou todo o monte arrasadp polas lapas en Galicia enteira durante o ano 2024. A maior parte destes incendios foi provocada. Por que e quen queima Galicia, agora que se cumpren os primeiros 50 anos da morte de Francisco Franco?.  Porque Franco e o seu goberno, segundo a crenza de moitos galegos, eran o obxectivo dos pirómanos. E xa na autonomía, houbo anos nos que o lume non castigou tan duramente coma neste verán do 2025 unha terra, a galega, onde eramos moitos os que pensabamos que, este ano,  o monte galego libraba. Máis non libra, non. E o peor de todo é que bo número dos incendios rexistrados non se deben exclusivamente á climatoloxía: a man de pirómanos volve estar nos montes da comunidade galega, do mesmo xeito que o están noutros lugares de España, nomeadamente en Castela-León. 

No goberno tripartido que presidiu en Galicia o socialista Emilio Pérez Touriño vivíuse unha situación semellante á actual. Hai quen “ve” nesta semellanza os mesmos obxectivos: un relevo no goberno. Explicaría esto semellantes estragos?. Todo ese crime para que outro acceda á presidencia do goberno?. E como se explica que un cambio en España que poidera levar a un novo inquilino na Moncloa dea por satisfeitos aos que tentarían un troco na sede da Xunta?.

Pode mobilizar toda este conglomerado de opcións a aqueles recoñecidos negacionistas que por negar negan ata o cambio climático?. Poden estes mesmos actuar en contra dos intereses de toda unha nación?. 

En boa lei podería dicirse que sí. Pero o dano causado non compensaría, nen moito menos, as opcións dos que supostamente terían que apoiar aos queimamontes, agás no caso dunha tolemia xeralizada.

Galicia non o merece: un monte queimado vai en prexuizo dun pobo que xa pagou abundantemente ser como é: libre.

Outros artigos

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ónega” – Xulio Xiz

“Ónega” – Xulio Xiz

Ónega e máis eu eramos do 47. En Pol como en Vilalba o párroco emitía os certificados de boa conduta espiritual, e o alcalde e xefe local do Movimento de Afección ao Réxime, e sen eles non eras ninguén. O único local que os rapaces tiñamos para o lecer era o do Frente...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.