“Os incendios forestais, un negocio?. Antón Luaces

20 Agosto 2025

Catro  vítimas mortais son as rexistradas ata hoxe nos incendios forestais declarados/provocados este verán en España. Os galegos non somos alleos a esta cifra, porque algún galego hai entre os finados. 

Os danos -aínda por avaliar- son cuantiosos: aldeas destruidas polo lume, vivendas danadas, estradas destragadas, colleitas perdidas… pero tamén hai quen se beneficia deste que, sen dúbida, é un lucrativo negocio para determinadas persoas.

O lume nos montes de España sempre aportou “negocio” a alguén. Non tanto porque o provocaran -non se demostrou- como da consecuencia da súa existenza por mor da seca, as treboadas. os descoidos, etc. Tamén da dos pirómanos.

Desde vai 70 anos sei da presenza nos montes galegos do lume. Un lume beneficioso, o das rozas para prantar trigo ou o de queimar toros de madeira para facer carbón vexetal, o da queima de terróns ou tarróns nas leiras previa á prantación destas de patacas. millo, etc. Lume beneficioso tamén, aquel que se consegue con malas artes. E lume beneficioso, asimesmo,  para aqueles que tiran beneficio del.

Por exemplo: en total as comunidades autónomas españolas contratan cada ano unhas 200 aeronaves para combater os lumes forestais, que se suman á cincoentena propiedade do Ministerio e dos 14 avións anfibios que proporciona tamén anualmente o Exercito do Aire.

Apos a resolución destes contratos de urxencia da campaña de m2024, Transición Evolóxica, nunha nova licitación subíu novamente o orzamento dos contratos: un 37% o dos helicópteros que guindan auga e transportan aos brigadistas, un 46% o dos avións anfibios e os helicópteros semipesados, e un 45% o dos avións de carga. A máis, está a sujbstituciñon dks helicópteros bombardeiros KAMOV, de fabricación rusa, que son quen de descargar 4.500 quilos de auga que na actualidade non están operativos debido ás sancións impostas pola Unión Europea ao réxime de Vladimir Putin após a invasión de Ucrania.

En total, perto de 270 millóns de euros, importe que o Ministerio de Transición Ecolóxica adxudicou nos dous últimos anos a empresas privadas que contrataron helicópteros

Outros artigos

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

“Os fíos de Bayeux”. Xosé Antonio López Silva

“Os fíos de Bayeux”. Xosé Antonio López Silva

Hai case mil anos, unhas mans anónimas de muller pasaron agullas e fíos de lá por un lenzo de liño para narrar a última invasión de Inglaterra, a de Guillerme o Conquistador, no 1066. Case setenta metros de bordado, máis de seiscentas figuras humanas, cabalos, naves,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.