O Parque Provincial de Bombeiros de Ribeira interveu a última hora da tarde (no serán) deste xoves 7 de agosto para axudar a un vehículo en apuros no acceso ao miradoiro da Pedra da Ra e ao Castro da Cidá no concello de Ribeira. Os bombeiros nivelaron o automóbil e permitiron que proseguise a súa viaxe, logo de que quedase na beira da vía con claro risco de envorcar.




