O proxecto literario “Poldra” da Deputación estará en Ribeira o 21 de agosto

20 Agosto 2025

O proxecto literario Poldra. Literatura expandida estará en agosto en Ribeira, o 21 ás 12.00 horas no Centro Lustres Rivas. Esta iniciativa da Deputación da Coruña trae ata o Centro Cultural Lustres Rivas, baixo a dirección de Yolanda Castaño, a autora italobrasileira Francesca Cricelli para achegármonos á súa obra, e mais coñecer o relato sobre o que está a ser para ela a residencia literaria na Coruña. A autora está a traballar durante este mes de agosto no seu proxecto Interspecies Intimacies, unha proposta estruturada en dúas seccións: Erótica Planetaria, sobre a dimensión libidinal das relacións ecolóxicas, e Maternidade Natural (Un bestiario irónico), a exploración lírica da experiencia materna a través do prisma da etoloxía animal, proxecto que se enmarca na Residencia de Conciliación para Nais Escritoras (ou principais coidadoras) do Concello da Coruña.

Poldra. Literatura expandida. Charla/encontro con Francesca Cricelli

Data: 21/08/2025

Hora: 12.00 h

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas

Inscrición: normalizacion@ribeira.gal (á volta do correo as persoas interesadas en participar recibirán unha escolma en PDF da obra de Francesca Cricelli).

Francesca Cricelli (São Paulo, 1982) publicou varios libros de poesía en portugués e en edicións bilingües, con tradución ao italiano, castelán, inglés e islandés. Doutora en Literatura Moderna e Tradución pola Universidade de São Paulo, reside en Reykjavík e investiga na actualidade sobre representacións da maternidade na literatura contemporánea. Tamén é tradutora de autoras como
Elena Ferrante, Igiaba Scego e Halldór Laxness.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.